DeportesÚltima hora

Clases para formar a novos xuíces de atletismo de Nivel I en Valdeorras

 

A Delegación Valdeorras da Federación Galega de Atletismo aposta por incrementar o seu equipo de xuíces. Así en setembro retomábanse as clases do curso de xuíces deste nivel que se iniciaba neste verán no Barco,

Media de ducia de persoas están inscritas nesta formación que inclúe sesións teóricas da man de diferentes docentes e tamén prácticas en pista, como as realizadas nesta semana a cargo da delegada de xuíces desta delegación, Montserrat Barrio.

O Comité Galego de Xuíces ten convocado o exame para obter o título de Xuíz de Nivel I da RFEA o vindeiro 21 de novembro. O exame constará de cuestións varias: elección de respostas, preguntas de resposta curta, clasificacións e supostos prácticos básicos. Para aprobar é necesario sacar o 70% de 50 puntos. As inscricións para poder realizar este exame estarán abertas ata o 20 de outubro.

Fotos: A.R.

Back to top button