EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Coa recollida dos primeiros acios chega tamén a experiencia turística máis agardada en Ribeira Sacra, o Viñobús Vendima

Cedida.

 

Dende o Consorcio de Turismo, en colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, vén de poñerse en marcha unha nova edición do xa clásico Viñobús Vendima, unha das experiencias máis singulares e demandadas do calendario enoturístico galego, que abre o seu prazo de reservas.

Durante tres fins de semana de setembro (a partir do 13), os visitantes terán a oportunidade de vivir en primeira persoa a vendima tradicional de Ribeira Sacra, tamén coñecida como viticultura heroica, nos espectaculares socalcos desta paisaxe cultural, hoxe candidata a Patrimonio da Humanidade.

A experiencia comeza coa visita ao viñedo, onde os participantes aprenderán sobre os diferentes tipos de uva, cortarán os acios, transportaranos e mesmo poderán pisar as uvas como se facía antano. Posteriormente, na adega, poderán desfrutar dunha cata de viños e mosto, así como como dun xantar tradicional, seguindo o menú propio dos viticultores durante unha xornada de vendima.

A actividade continúa a manter a esencia doutras edicións, orientada a grupos moi reducidos para garantir unha experiencia auténtica e de calidade.

DATAS 2025: 13, 14, 20, 21, 27, 28 de setembro.

Horario: saída ás 10:30 h dende Monforte de Lemos e regreso arredor das 16:30 h aproximadamente.

Prezo: Adultos 15 €; nenos/as (4-12 anos) 10 €; menores de 4 anos gratis.
O prezo inclúe: traslado desde o punto de encontró, xantar en adega e guía acompañante.

Prazas limitadas: grupos reducidos, de máximo 15 persoas, para garantir unha experiencia auténtica.

Máis información e reservas: https://turismo.ribeirasacra.org/vinobusvendimia2025

O Viñobús Vendima é unha actividade de carácter promocional, con prezos patrocinados con cargo ao Convenio Xeodestino 2025 coa Axencia de Turismo de Galicia.

Back to top button