SanidadeÚltima hora

Cóbrense na provincia de Ourense 8 prazas fixas de Pediatría en Atención Primaria e hospitais comarcais

Son 2 no Hospital Público de Verín e 1 no de Valdeorras, así como 5 en Atención Primaria (2 no Centro de Saúde de Verín, e 1 no Centros de Saúde de O Barco, 1 no Centro de Saúde de o Carballiño e 1 para os Centros de Maceda-Castro Caldelas-Trives)

Exterior do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Servizo Galego de Saúde publicaba o 29 de febreiro na súa páxina web, a listaxe coas persoas que accederon á condición de pediatras con praza en propiedade na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, tanto en Atención Primaria como en Hospitais Comarcais, na convocatoria por concurso de méritos da Consellería de Sanidade para as prazas tipificadas como de difícil cobertura. En Galicia cubríronse neste proceso un total de setenta prazas, cincuenta e oito para atención primaria e doce para hospitais comarcais.

No caso da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, foron asignadas todas as prazas convocadas, tres nos hospitais comarcais (dúas no Hospital Público de Verín, e unha no Hospital Público de Valdeorras) e cinco en Atención Primaria (2 no Centro de Saúde de Verín, e 1 no Centros de Saúde de O Barco, 1 no Centro de Saúde de o Carballiño e 1 para os Centros de Maceda-Castro Caldelas-Trives).

Destes especialistas, no caso dos pediatras de hospital comarcal, un dos tres procede de fóra da nosa Área Sanitaria, mentres os outros dous consolidan con praza fixa o seu posto. No caso da Atención Primaria, son dous os especialistas que proceden doutras Áreas ou niveis asistenciais.
Está previsto que unha vez publicado no DOG comece o prazo de toma de posesión previa á súa incorporación efectiva nos seus novos postos durante este mes de marzo.

A convocatoria establece un procedemento que permite á Administración que, no suposto de non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido dalgún aspirante seleccionado, poida seleccionar a novos aspirantes, atendendo á puntuación que resulte da lista definitiva do proceso entre aqueles aspirantes que non obtiveron praza, coa finalidade de procurar a máxima cobertura das prazas.

Artigos relacionados

Back to top button