EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Cociña á beira do río, outra das propostas do SilFest Valdeorras, no Barco

 

A gastronomía é oturos dos eixos sobre os que xira o SilFest Valdeorras, o festival á beira do río que nesta fin de semana de xullo celebra a 9ª edición no Barco.

 

 

Ao longo do recinto hai postos de comida de diferentes estilos, food trucks, pulpeiros, xamoneiros, xeados,… degustacións con catas, e tamén cociña. De feito, na mañá deste sábado 5 de xullo celebrábase un showcooking a cargo da Gastroteca Salvaxe “Entre vinos y fogones”, un pequeno establecemento ubicado no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, asentado en tres piares fundamentais mercado, produto e tradición.

 

 

Diante do público e en directo, Josiño elaborou dous pratos: un tartar de Bonito de Burela con mouse de aguacate e arroz de calamar da ría; e un rape alangostado cunha Salsa Bilbaína.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button