En portadaÚltima hora

Colapsa o teito dunha nave durante o incendio industrial de Cedie, no Barco

Un bombeiro que participaba nos labores de extinción tiña que ser trasladado ao hopsital para recibir atención sanitaria

 

Os servizos de emerxencias traballan desde primeira hora da tarde nun incendio declarado nunha nave industrial empregada como almacén da empresa Cedie, situada no Barco de Valdeorras. Trátase dunha empresa dedicada ao sector metalúrxico.

“Foi a Policía Local quen alertou ao 112 Galicia minutos despois das 15:30 horas, indicando que un intenso fume saía polas ventás superiores das instalacións situadas na avenida de Galicia, no Barco”, sendo informa o 112 Galicia.

 

 

 

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participan os Bombeiros e o GES de Valdeorras, a Garda Civil, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil do Barco. Ademais, desprazouse ao punto unha unidade de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de maneira preventiva, así como persoal do distrito forestal da zona.

Pouco despois, os medios despregados informaron de que o teito das instalacións colapsara. Ademais durante os labores de extinción un bombeiro tiña que se trasladado en ambulancia ata o Hospital Público de Valdeorras para recibir atención sanitaria.

 

 

“Arredor das seis e media xa estaba estabilizado imaxino que estarán refrescando para evitar que volva reproducirse, vixiando e controlando”, comenta o alcalde do Barco, Aurentino Alonso.

O incendio quedaba extinguido por completo a última hora da tarde.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button