OurenseÚltima hora

Colisión na OU-525, no municipio de San Cibrao das Viñas

 

A primeira hora desta tarde de 22 de abril producíase un accidente de tráfico na OU-525, no quilómetro aproximado 230, ao seu paso pola parroquia de Noalla en San Cibrao das Viñas (Ourense). “O 112 Galicia recibiu o aviso ás 15:20 horas por parte de diversos particulares que visualizaran o accidente e informaban dunha colisión entre dous vehículos na que podería haber persoas atrapadas no interior dun deles, debido a que se atopaba envorcado”, tal e como se indica dende o 112 Galicia.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia informaron do sucedido aos Bombeiros de San Cibrao das Viñas que, unha vez remataron a súa intervención, informaban de que tiveron que axudar a unha persoa a saír do vehículo, “aínda que non foi necesario empregar o material de excarceración nin cortar ferros”. Así como ao persoal sanitario do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales tiveron que atender no punto a unha persoa ferida.

A maiores, tamén se avisou aos membros do GES de Pereiro de Aguiar e aos axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button