Conta atrás para a VII Andaina e Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín, a proba solidaria que se celebrará mañá domingo 27 de outubro a partir das 10 horas.
Na xornada previa deste sábado, dende as 16 e ata as 20 deste, os membros da organización están no pavillón Luis Nogueira de Vilamartín de Valdeorras, entregando dos dorsais e mochilas (con camiseta e resto de material) aos participantes nesta cita solidaria.

As inscricións online remataban con 822 persoas anotadas (79 na carreira de 13 km, 360 na andaina longa e 383 na curta), ás que se suman as inscricións realizadas nos establecementos de diversos puntos da comarca e as que se realicen mañá. Entre as 8:30h. e as 10h. farase unha entrega de dorsais aos paticipantes no pavillón de Vilamartín.
Fotos: O SIL.
