En portadaÚltima horaVídeos

Comeza no Barco a manifestación por “unha sanidade pública de calidade” no Distrito de Valdeorras

 

Arredor das cinco e media da tarde deste sábado 17 de outubro poñíase en marcha, dende o Hospital Público de Valdeorras, unha manifestación do oriente ourensán para pedir unha sanidade pública, de proximidade e de calidade. Algo que se manifesta nas diversas pancartas.

O percorrido, finalmente, vén de modificarse e, en lugar de ir por Abdón Blanco e o Malecón, farase completamente pola estrada xeral ata chegar á ponte de San Fernando e logo continuar ata a praza Ramón Otero Pedrayo de Viloira.

Fotos e vídeos: O SIL.

Irase actualizando información e fotos.

 

 

Back to top button