Esta tarde comezaba no Centro Cultural Avenida da Rúa o “Curso de poda de inverno para recuperar viñedos afectados polos incendios”, cunha sesión teórica de dúas horas de duración, que continuará mañá cunha sesión práctica.
A iniciativa está promovida dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras co fin de “apoiar aos viticultores tras os lumes que arrasaron a comarca”.

O curso, dirixido a viticultores e adegas da D.O. Valdeorras e que se organiza en colaboración con Caixabank, está sendo impartido por Julián Palacios Muruzábal, con máis de 25 anos de experiencia en viticultura e director de Viticultura Viva.
Fotos: Carlos G. Hervella.

