
Esta mañá poñíase en marcha o novo obradoiro dual de emprego SilLor XII, no que participan os Concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga. O acto tiña lugar en Folgoso do Courel e ata alí desprazábase o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares,que xunto aos rexedores de Folgoso do Courel, Lola Castro; de Quiroga, José Luis Rivera e o alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, era o encargado de darlle a benvida aos traballadores e ao resto de persoal que traballarán neste actividade formativa dual de emprego á que Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destina 459.000 .
O novo SilLor XII, que terá como promotor ao concello de Folgoso do Courel e a Ribas de Sil e Quiroga como asociados ,formará a 20 persoas desempregadas durante nove meses en actividades relacionadas coa construción, en concreto seis delas en Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, e o resto en Pavimentos e Albanelería de urbanización.

O alumnado contratado recibirá formación teórica e práctica coa que adquire experiencia laboral realizando obras de interese social en espazos e bens públicos.
Os traballos que se desenvolverán con este novo obradoiro dentro do Concello de Quiroga son: executar obras de acondicionamento do Centro de Día, reparar a beirarrúa da estrada LU-623, e mellorar a accesibilidade en Rúa Real, Río Lor e Pereiro.
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destacou que abrirá oportunidades laborais para os participantes nun sector con elevada demanda como é o a construción.


