A MezquitaConcellosÚltima hora

Comezan as obras de mellora do firme da OU-131 ao seu paso pola Mezquita

 

Veñen de comezar as obras de mellora do firme na estrada OU-311 ao paso polo concello da Mezquita. Esta actuación forma parte dun contrato máis amplo que inclúe a rehabilitación da capa de rodaxe nas estradas OU-113, OU-114 e OU-310, nos concellos de Castrelo do Val, Laza, Sarreaus, Verín, Vilardevós e Vilar de Barrio, cun investimento global de 1,2 M€.

Os traballos, que contan cun prazo de execución de 6 meses, iniciáronse na estrada OU-311 e continuarán tamén nas outras vías que inclúe o citado contrato, segundo informa a Xunta de Galicia.

As intervencións consisten na rehabilitación superficial do firme destas vías autonómicas mediante o seu fresado e reposición, completando as tarefas co repintado da sinalización horizontal. Ademais, inclúense tamén neste contrato outras actuacións adicionais, como a limpeza e reperfilado das marxes das estradas e a execución de gabias de seguridade.

Artigos relacionados

Back to top button