SanidadeÚltima hora

Comezan as “Rutas Saudables” da Asociación Española contra o Cancro no Barco

Participantes na ruta./ Foto cedida pola AECC no Barco.

 

Á beira do río Sil, xunto a pasarela que une o Paseo do Malecón do Barco co Salgueiral (Viloira), comezaba ás 16:15h. da tarde deste 3 de outubro a primeira das andainas das “Rutas Saudables” deste novo curso, unha iniciativa gratuíta dirixida á poboación e promovida pola Asociación Española contra o Cancro en Valdeorras.

Unha ducia de persoas sumábanse a este primeiro percorrido, dunha hora de duración e de baixa dificultade e accesible para todo o mundo.

 

Foto cedida pola AECC no Barco.

 

Esta ruta manterase nos vindeiros meses cada mércores ás 16:15h. e para participar tan só é necesario anotarse na oficina da AECC no Hospital Público de Valdeorras ou ben chamando ao 900 100 036 (teléfono de Infocancer).

Back to top button