
O pavillón polideportivo do Bolo vén de acoller o primeiro dos actos informativos da Plataforma Sanitaria de Valdeorras de cara a preparar á manifestación en defensa da sanidade pública convocada para o vindeiro 22 de novembro no Barco.
A seguinte cita está programada en Petín, será o xoves 30 de outubro ás 20:00h. no Teleclube desta localidade.
Neste actos informarase “da situación actual do distrito sanitario e as accións previstas pola Plataforma”, segundo indican dende este colectivo.