CulturaCulturaEntroido 2026Última horaVídeos

Comparsas, doces e moita música no Entroido de San Clodio (Ribas de Sil)

 

O carrusel de borrascas deste inverno daba unha pequena tregua o Sábado de Entroido, o que permotía que veciños, veciñas e visitantes desfrutasen das catro comparsas que percorrían as rúas de San Clodio, cunha gran participación de persoas de todas as idades.

Ao rematar o desfile, na praza do Concello, os churros con biscoitos e a actuación dun DJ fixeron que a festa se alongase un chisco máis, pese ao frío das últimas horas da tardiña.

A comparsa Ponte de Ferro acadou o primeiro premio, Mavilandai o segundo, e entregáronse dous premios especiais ás outras dúas comparsas, nas que as abellas cos nenos e nenas e as familias do CEIP de San Clodio, e as ovellas marcaron o ritmo da celebración.

O Concello de Ribas de Sil agradeceu a importante participación de todas e todos, así como o traballo do voluntariado de Protección Civil de Ribas de Sil que velou pola orde e seguridade, e as persoas que se encargaron da chocolatada, tamén voluntarias.

Foto e vídeo cedidos.

Back to top button