
Complétanse as prazas do autobús da viaxe a Madrid que organiza a Concellería de Cultura do Concello do para asistir, no Teatro Calderón o 14 de marzo, a obra “Houdini, un musical mágico”, no que o barquense Christian Escuredo ten un papel destacado.
O espectáculo estreouse a finais do ano pasado, e combina números de maxia de gran formato coa historia persoal do ilusionista Harry Houdini. A produción está dirixida por Federico Bellone.
No elenco principal destacan Pablo Puyol como Harry Houdini, Julia Möller no papel de Bess Houdini e Christian Escuredo como Theo, irmán de Houdini. Escuredo é polo tanto unha parte fundamental do elenco. O actor barquense conta cunha traxectoria consolidada en musicais como “Priscilla, reina do deserto“, “33, o musical“ e “El Novio de España“.