Dende esta mañá está cortada ao tráfico a estrada xeral da vila á altura do número 8 da avenida Conde Fenosa, para levar a cabo unha obra provisional que permita o bombeo de auga que chega ao pozo da esquina de Santa Rita con Conde de Fenosa, para que chegue ao pozo da rúa Pescadores.
Con este motivo, a Policía Local ten despregado un dispositivo especial para organizar o tráfico e evitar problemas. Os accesos habilitados pola Policía Local, son
– Dirección Viloira: Pola rúa Eulogio Fernández (para autobuses e turismos)– Dirección A Proba: Pola rúa Estación e rúa Ramón y Cajal(para autobuses e turismos; estos últimos tamén terán acceso polo Paseo do Malecón).
Ademais hai que lembrar que dende hai un mes os vehículos pesados teñen prohibido o paso. A travesía permanecerá pechada o tempo necesario para acometer as actuacións pertinentes, que dende o Concello confíase en que sexa o mínimo posible para asegurar un funcionamento adecuado.
Fotos: A.R.
