ConcellosQuirogaÚltima horaVídeos

Comunicado do Concello de Quiroga ante o lume que afecta ao municipio

 

O Concello de Quiroga vén de emitir un comunicado sobre o estado do lume neste municipio. “Nestes momentos os responsables municipais do Concello de Quiroga queren facer público que o lume que afecta desde onte a varias parroquias do municipio avanza con moita forza e estanse poñendo todos os medios necesarios dos que se dispón para facerlle fronte”.

Así mesmo, este comunicado, emitido esta tarde, indicaban que “as lapas estanse achegando a zona de Bendollo, Vilar de Mondelo e Rugando, os veciños e veciñas destes lugares que queiran refuxiarse da intensa fumareda teñen a súa disposición as instalacións do pavillón e albergue municipal, o resto pregáselle que permanezan no interior das súas vivendas coas fiestras e portas pechadas”.

 

 

O alcalde, concelleiros, Policía Local, Garda Civil e membros do exército están achegándose as zonas máis afectadas para falar coa veciñanza para ofrecerlle toda a axuda necesaria.

Os teléfonos que están a disposición dos veciños son o 649.81.90.52 e o 636.69.35.00

Ver vídeo

Back to top button