ConcellosOpiniónSan Xoán de RíoÚltima hora

Comunicado do Concello de San Xoán de Río tras fallarse os Premios Capitais Europeas da Inclusión

 

Desde o Concello de San Xoán de Río queremos expresar a nosa máis sincera noraboa ás cidades de Mariehamn (Finlandia), Utrecht (Países Baixos), Braga (Portugal) e Zaragoza (España), gañadoras dos Premios Capitales Europeas da Inclusión e a Diversidade 2025. O voso traballo é unha inspiración para toda Europa.

Para nós foi unha honra inmensa ser finalistas nestes prestixiosos galardóns. Un pequeno concello de apenas 500 habitantes competindo con cidades dinámicas e diversas, algunhas con centos de miles de persoas, e a máis pequena con 11.000. Isto demostra que a inclusión e a diversidade non son patrimonio exclusivo das grandes urbes, senón valores universais que poden medrar en calquera recuncho do continente.

San Xoán de Río, na Ribeira Sacra, soubo converter os seus desafíos —como a despoboación, o avellentamento ou a falta de servizos— en oportunidades. Apostamos polo talento das nosas mulleres e por un modelo de gobernanza participativa.

O proxecto Mulleres de Río é o alma desta transformación. A través da Radio das Mulleres, o mapeo do territorio, o apoio ao emprendemento xuvenil e a vivenda inclusiva, estamos empoderando ás nosas veciñas, revitalizando o noso patrimonio e construíndo unha comunidade máis forte, cohesionada e viva.

Aínda que non acadásemos o primeiro posto, sentímonos gañadoras. Demostramos que un pequeno pobo pode ser un laboratorio de innovación social, un exemplo de resiliencia e un faro de esperanza para o futuro do rural europeo.

Grazas a todas as persoas que nos acompañaron neste camiño. Seguiremos traballando con paixón e compromiso por un San Xoán de Río máis inclusivo, diverso e próspero.
Grazas, a próxima será!

Texto: Concello de San Xoán de Río.

Artigos relacionados

Back to top button