
Dende o Concello do Barco veñen de emitir un comunicado para, facéndose eco dunha petición dos servizos de emerxencia, para avisar ás aldeas da ladeira sur (entre as que están, entre outras aldeas, Fervenza) “porque a prevision é que o lume non tarde en entrar no municipio do Barco”.
Ademais fanse as seguintes recomendacións á veciñanza:
– pechar as portas e as ventanas coas contras ou coas persianas.
– se hai cortinas ao exterior, retiralas.
– retirar a leña ou os enseres que poidan arder, pegados ás casas ou situados debaixo de corredores ou balcóns.
– refrescar os tellados e canleiros.
– evacuar a ancianos, inválidos, nenos e persoas con patoloxías de saúde.
A Policía Local está a pasar polos pobos, con megafonía, avisando desta situación e dando as mermas indicacións. Todas as mangueiras contra lume instaladas polo Concello nos pobos están comprobadas e listas para o seu uso.
Pídese de novo á veciñanza que siga as recomendacións dos servizos de emerxencia. Trátase dunha situación extremadamente grave.
Ademais o Concello do Barco agradece “aos equipos de emerxencia polo traballo que están a realizar, e tamén á veciñanza pola súa colaboración nesta situación tan delicada”.