A primeira hora desta tarde producíase un conato de incendio nunha parcela agrícola de Rubiá, que non está cultivada e próxima a casas.
A rápida intervención dos servizos de extinción, nos que se contaba con medios da Consellería do Medio Rural (entre eles un helicóptero), permitiu controlar de inmediato o lume e apagalo sen que houbese ningún tipo de danos.
Fotos cedidas.
