EconomíaEconomíaÚltima hora

Concentración “contra a precariedade e a desigualdade” o 10 de marzo no Barco

Está convocada pola CIG en conmemoración do Día da Clase Obreira Galega

Dende a CIG chaman a “facer do 10 de marzo unha xornada de mobilización en todas as comarcas de Galiza baixo o lema Contra a precariedade e a desigualdade, na Galiza: traballo digno, pobo con dereitos”. No caso de Valdeorras, a convocatoria é para as 19:30 horas na praza do Concello do Barco.

 

 

“O 10 de marzo non é so unha data máis para celebrar o Día da Clase Obreira Galega, é ir máis aló do mero exercicio de nostalxia. Aqueles acontecementos, que tiveron a súa orixe na cidade natal do Dictador que tiveron Repercusión Internacional, significaron un momento álxido, o máis importante na loita da Clase Obreira Galega organizada contra a dictadura”, din dende CIG-Valdeorras, asegurando que “nos concentramos todas/os as/os obreiras/os porque temos claro que temos que fuxir da confusión que a situación actual está a causar, asumindo que hai que facer mais sindicato, máis mobilización, máis loitas empresa a empresa, convenio a convenio, implicándose nas diferentes loitas sociais que temos por diante para irmos construíndo poder popular co que avanzar en dereitos, conseguir dos Gobernos políticas alternativas e facer real o noso chamado”.

Back to top button