SanidadeÚltima hora

Concentración convocada por Asilival o xoves 26 de xuño diante do Hospital do Barco

 

A Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) celebrará unha concentración mañá xoves 26 de xuño de 2025 ás 10:30 horas diante do Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

“O motivo é dar conta aos afiliados e cidadanía en xeral, da relación de actuacións feitas dende a última asemblea realizada no Teatro Lauro Olmo, e informar á cidadanía da posición da administración nestes intres”, din dende asociación.

Dende Asilival, din, “non renunciamos a acadar unha consulta diaria de pneumoloxía, e a partires disto seguir un proceso de negociacións para, tras os estudos de prevaleza de silicoses na comarca que sexan precisos, definir un servizo de pneumoloxía que dea a atención óptima e necesaria nesta comarca”.

Back to top button