SanidadeÚltima hora

Concentración conxunta de Asilival e de SOS Sanidade Pública no Barco

 

Un xoves máis, a Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) volvía levar á rúa a súa demanda dun neumólogo permanente para o Hospital Público de Valdeorras, no Barco. E facíao cunha concentración diante do acceso principal deste centro sanitario. Ademais, neste 4 de xuño, a súa concentración coincidía con outra convocada a nivel galego pola plataforma SOS Sanidade Pública co lema “Listas de agarda. Solucións xa”.

Era o presidente de Asilival, Jose Rodríguez, quen comezaba falando, para logo darlle a palabra a unha representante da plataforma, que procedía á lectura dun manifesto no que se sinalaba que “a sanidade pública galega está en crise” e se plantexaba a necesidade dun “cambio de estratexia para frear o desmantelamente e a obsolescencia da Atención Primaria, poñer a pleno redemento aos hospitais públicos, frear a derivación dos pacientes nas listas de espera a hospitais privados concertados, acabar coa dobre dedicación do persoal médico a pública e a privada ou mellorar as condicións do persoal”.  Ademais expoñíanse un total de dez medidas para mellorar as listas de espera.

Fotos cedidas.

Back to top button