ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Concentración das traballadoras do SAF de Viana para pedir a licitación do servizo, o 2 de xullo na praza Maior

 

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Viana do Bolo seguen en loita para conseguir que o Concello licite o prego do servizo. O 16 de xuño iniciaban unha folga indefinida con ese fin e continúan mobilizándose. De feito, para mañá teñen convocada unha concentración na praza Maior de Viana do Bolo ás 11h.

Con esta acción estas traballadoras volven insistir: “o persoal do SAF de Viana dicimos alto e claro: Non á precariedade, si a un traballo digno. Licitación xa!”.

O SAF de Viana conta con 24 traballadoras e conta con 104 usuarios, en diferentes localidades do municipio. As traballadoras din que o servizo está en precario dende hai 3 anos e levan mobilizándose dende hai máis dun ano por esta licitación e para tratar de buscar unha solución.

 

Back to top button