Neste mediodía, ás 14:45 horas, tiña lugar unha concentración diante do Concello de Viana do Bolo das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para pedir que se saque a licitación o prego do servizo. “Levamos moito tempo esperando e non entendemos porque non se dá sacado, xa que en teoría os tres grupos políticos están a favor de que saia a licitación. Nós o que queremos é que se valoren os nosos dereitos e que se saque a licitación xa”, din as traballadoras.
Neste senso, anuncian que se van seguir mobilizando e alertan de que, “se temos que ir á folga, iremos”.
Foto cedida.