ConcellosO BarcoÚltima hora

Concentración de apoio a Gaza o 19 de setembro no Barco en resposta á convocatoria da Fegamp

Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios (FEGAMP) acordaba na súa xuntanza ordinaria, celebrada o martes 16 de setembro, convocar para mañá, venres 19 de setembro, actos públicos en todos os concellos de Galicia, como símbolo de condena enérxica e repulsa “ao xenocidio do pobo palestino en Gaza”, así como “ao antisemitismo e islamofobia, reafirmando o compromiso co respecto a todas as comunidades, culturas e relixións, e expresando a súa solidariedade con todas as vítimas, especialmente coas persoas desprazadas, feridas ou que perderon aos seus seres queridos en Gaza”, di o comunicado da Fegamp.

Por este motivo, dende o Concello do Barco convocase á veciñanza a participar nunha concentración mañá, venres, ás 12,00 horas, na Praza do Concello, onde se dará lectura a un manifesto elaborado pola propia Federación Galega de Municipios para todos os concellos de Galicia.

Back to top button