OurenseÚltima hora

Concentración de apoio ao pobo palestino en Viana do Bolo

Cedida.

 

Viana do Bolo era unha das máis 36 localidades galegas nas que nesta tarde se celebraban concentracións de apoio a Palestina, convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina. No acto, no que se portaba unha pancarta co lema “Paremos o xenocidio. Galiza con Palestina”, os participantes procedían á lectura dun manifesto elaborado pola mesma coordinadora.

“Aquí estamos como levamos estando nos últimos 23 meses. Case dous anos de mobilizacións solidarias por todo o noso país para que ninguén ouse dicir que non nos doe o sofrimento do noso pobo irmán palestino, ou que xa o damos por descontado”, tal e como dicía o texto.

Ademais, analizábase a situación actual do conflito, expresábase unha vez máis a solidariedade e  a intención de continuar coas mobilizacións, entre elas unha manifestación o 5 de outubro.

Back to top button