Última hora

Concentración de apoio ao pobo palestino en Viana do Bolo

Entre as localidades galegas que na tarde deste 2 de xuño retomaban as concentracións de apoio a Palestina estaba Viana do Bolo. A partir das 20h. a praza da vila acollía este acto reivindicativo, convocado pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, en máis dunha trintena de localidades desta comunidade.

Ademais de portar unha pancarta co lema “Paremos o xenocidio. Galiza con Palestina”, os participantes procedían á lectura dun manifesto elaborado pola mesma coordinadora, na que se expoñía o momento actual que vive o pobo palestino e se criticaba a postura da comunidade internacional, pero tamén dos gobernos estatal e galego.

Ademais facíase unha convocatoria para unha nova concentración de cara ao 16 de xuño á mesma hora e nese mesmo lugar.

Fotos cedidas.

 

Back to top button