
Tal e como se acordaba en asemblea o 12 de xuño no Barco, a Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) vai promover unha serie de mobilizacións para levar á rúa a súa demanda dun neumólogo para o Hospital Público de Valdeorras.
A primeira delas será unha concentración que está convocada para o vindeiro xoves 26 de xuño ás 10:30h. diante do hospital barquense.