Ás 12 horas deste domingo 14 de setembro a imaxe do Nazareno percorría as rúas do Barco nunha multitudinaria e colorida procesión que partía da praza de San Mauro. Praza na que media hora antes se concentraban as Cruces e Estandartes dos pobos da Unidade Pastoral do Barco.
Foi unha vistosa xuntanza diante da igrexa parroquial, con numerosos e fermosos estandartes e cruces como o de Santiago de Forcadela, Santa Mª de Sobradelo, Santa Marta de Córgomo, o Nazareno do Barco, o de Puente de Domingo Flórez, Santo Tirso de Veigamuíños, Lardeira, A Proba ou Rubiá, entre outros moitos, que daba paso á longa procesión, presidida nesta ocasión polaVirxe da Estrela de San Pedro de Trones.

Fotos: Mónica G. Bellver.