Entre as localidades que secundaban a convocatoria de concentracións neste xoves, por parte de SOS Sanidade Pública para pedir solucións ás listas de agarda, estaba a de Viana do Bolo. Este acto reivindicativo tiña lugar diante do Centro de Saúde ás 12h. e contaba coa presenza de veciños, persoal do centro de saúde e tamén de reprsentantes políticos como a concelleira do BNG vianés, Graciela Diéguez.
Durante a concentración dábase lectura a un manifesto da plataforma, por parte de Suso Vilasánchez. Entre as cuestións que se reivindicaban para solucionar as listas de espera están “a transparencia na xestión” e a dotación dos profesionais necesarios.
Fotos cedidas.