SanidadeÚltima hora

Concentración en defensa da sanidade pública en Valdeorras, no Barco o 7 de febreiro

Está convocada pola Xunta de Persoal do distrito valdeorrés e terá lugar ás 20h. fronte ao hospital

Exterior do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Xunta de Persoal do Hospital Comarcal de Valdeorras vén de convocar unha concentración en defensa da sanidade pública no Distrito de Valdeorras para o vindeiro 7 de febreiro ás 20h. no exterior deste centro sanitario.

Dende o BNG de Valdeorras vén de emitir un comunicado anunciando que apoia este acto reivindicativo. “Dende o BNG pedimos á cidadanía do noso distrito que acuda a esta convocatoria. Non podemos permanecer mudos ante o esnaquizo sistemático e premeditado da nosa sanidade pública. Temos que defender o noso hospital e a nosa atención primaria. Temos que recuperar os servizos clínicos perdidos, temos que reclamar a cobertura das ausencias de profesionais, temos que reclamar unha ambulancia de soporte vital avanzado”.

 

Artigos relacionados

Back to top button