A RúaConcellosÚltima hora

Concentración na Rúa en sinal de repulsa “ao xenocidio do pobo palestino en Gaza”

 

En resposta á convocatoria da Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios (FEGAMP) a realizar actos públicos en todos os concellos de Galicia, en sinal de apoio a Gaza, no mediodía deste venres 19 de setembro celebrábase unha concentración diante do Concello da Rúa.

 

 

Segundo o comunicado da Fegamp, estes actos son como símbolo de condena enérxica e repulsa “ao xenocidio do pobo palestino en Gaza”, así como “ao antisemitismo e islamofobia, reafirmando o compromiso co respecto a todas as comunidades, culturas e relixións, e expresando a súa solidariedade con todas as vítimas, especialmente coas persoas desprazadas, feridas ou que perderon aos seus seres queridos en Gaza”.

A encargada de ler o manifesto era a propia alcaldesa da Rúa, María G. Albert.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button