ConcellosO BarcoÚltima hora

Concentración no Barco contra “a guerra imperialista”

 

O Barco era unha das 30 vilas galegas nas que neste 7 de abril se realizaban concentracións baixo o lema “Iraque, Libia, Siria, Palestina, Venezuela, Cuba, Irán, Líbano… Non á guerra imperialista”, convocadas pola Plataforma Galiza pola Paz.

No caso do Barco, o acto tiña lugar ás 19h. na praza do Concello, onde se estendía unha pancarta e se daba lectura ao manifesto da plataforma convocante. “Vimos hoxe a esta praza porque, mentres a agresión contra o Irán continúa e se multiplica en agresións tamén contra o Líbano, o Iemen e a Palestina toda, e se multiplica en dirección á América Latina e ao Caribe, mentres todo iso acontece, somos os pobos — o pobo galego que sempre sabe colocarse do lado certo da historia — os que nos temos que mobilizar para berrar ben alto que non queremos agresións. Hoxe, esta e outras 30 localidades do país saen ás rúas para demostrar que as guerras imperialistas non nos son alleas, para protestar polas consecuencias que nos impoñen, mesmo estando a millares de quilómetros das bombas, e para exixir accións concretas de quen nos goberna, non só para paliar os danos, senón para evitar que continúen producíndose”, dicía o texto do manifesto.

A concentración concluía co berro “Non á guerra imperialista! Galiza pola Paz!”.

Fotos cedidas.

 

Back to top button