Con motivo do Día Internacional da Atención Primaria, que se conmemora o 12 de abril, a plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia mobilizaba na mañá deste luns a veciños e profesionais sanitarios ante varios centros de saúde repartidos pola comunidade.
Nestas imaxes pode verse a concentración no Centro de Saúde da Rúa, convocada para visibilizar o que a organización describe como “un proceso sistemático de desmantelamento e privatización do primeiro nivel asistencial”, loitando por unha Atención Primaria “accesible, integral, comunitaria e de calidade”.

Fotos cedidas.