SanidadeÚltima hora

Concentracións nos centros de saúde de Valdeorras por unha “Atención Primaria digna”

 

Na mañá do martes 18 de novembro tiña lugar nos centros de saúde de Valdeorras a primeira das mobilizacións convocadas polas organizacións sindicais, previas á folga conxunta convocada para o vindeiro 26 de novembro na Atención Primeira e que a CIG estendeu tamén aos días 27 e 28.

Os traballadores, acompañados por algún paciente concentrábanse durante 15 minutos ás portas dos centros de saúde e dos Puntos de Atención Continuada (PAC) (nesta galería figuran os da Rúa e O Barco de Valdeorras) por unha “Atención Primaria digna para o presente e o futuro”.

Tal como indican dende a CIG Saúde “esta é unha folga en defensa da Atención Primaria, que se convoca diante dunha proposta da Consellaría de Sanidade que supón dar un paso atrás no modelo e volver ao século pasado, obrigando as medicas e médicos de familia a facer a xornada ordinaria nos centros de saúde e gardas no PAC”.

 

Fotos cedidas.

Back to top button