CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Concerto da cantante ucraína Bandura Krut en Parada de Sil

Actuaba xunto a Benxamín Otero e Sofía Espiñeira no marco do décimo aniversario das Residencias Artísticas ALMA

O Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil vestíase de gala para conmemorar o décimo aniversario das Residencias Artísticas ALMA coa actuación estelar de Maryna Krut, Benxamín Otero e Sofía Espiñeira. Galicia a Galicia foi o nome baixo o que versaban estes encontros artísticos cuxa idea é a de unir a artistas galegos de Galicia e aqueles de a “Galicia de Ucraína”.

Unha vez máis, os organizadores, Icatú Spirits e Wapapura, volveron a poñer en valor o potencial artístico que visita esta zona, concretamente, Parada de Sil, cumprindo un total de máis de cento cincuenta concertos neste decenio.

Cheo ata a bandeira nunha das citas máis máxicas que se lembran. Todo iso forma parte do noveno documental sobre Santa Cristina e ditas Residencias Artísticas e baixo o amparo dunha vintena dos mellores produtores internacionais de World Music que visitarán WOMEX na Coruña os próximos días.

Nesta edición, cun alto valor emocional e de compromiso con dar visibilidade a artistas de ambos os lados, o proxecto ALMA (Residencias Artisticas de Arte, Legado e Medio Ambiente), contou co apoio do Concello de Parada de Sil, a Deputación de Ourense e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

 

 

 

Para os organizadores “foi a edición máis especial pola calidade artística e humana” e poñen o colofón a máis de vinte anos de producións polo ancho do planeta. “Se a cultura nutre, o pobo aliméntase. Se a calidade é un sentimento, o futuro reside en dar a oportunidade de que a arte sexa de todos”, terminaban dicindo Rafael Kotcherha e Diego Soto aos medios despregados no Concerto que se celebrou ás 13 horas cun cheo absoluto. Resaltaron que os músicos que actúan neste lugar sempre acaban manifestando que é a mellor acústica onde actuaron.

Desde o concello, o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quere agradecer publicamente aos organizadores a celebración deste evento así como ao Inorde e ao Consorcio de Turismo a súa axuda para que eventos desta magnitude sexan posibles no rural.

Hoxe terminarán a rodaxe coa gravación dun concerto para uns poucos asistentes no Parador de Santo Estevo da man de Amir O Haddad.

Fotos e vídeos cedidos.

https://youtube.com/shorts/DYb3l0B3KDw?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button