Para Luísa Villalta, poeta homenaxeada neste 2024 nas Letras Galega, era clave o estreito vínculo entre música e poesía. E así se plasma na súa obra. Nese vínculo incidíase no Concerto das Letras Galegas que esta tarde de 16 de maio a partir das 20h. ofrecía o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música do Barco no Teatro Lauro Olmo da vila.
Interpretábanse unha decena de pezas, nalgunhas das cales se mestura a melodía coa poesía. Ademais neste concerto contábase coa colaboración de Teatrotomía, Sabela López Loureiro, Feliciano Fernández Franco e Amparo Rodríguez de Dios. A presentación corría a cargo de Diana Rodríguez.
O repertorio era o seguinte:
- VOZ SOLISTA DIEGO F. VILELA (barítono) LORENA BLANCO (piano) Cantemos…… Letra Luisa Villalta….. Música Diego F. Vilela
- AITANA RODRIGUES FERNANDES (guitarra) CLARA LÓPEZ BAÑOBRE (Violín) El Cisne …………………………… Saint-Saëns, Camille.
CORO:
Negra sombra (a capella) letra Rosalía de Castro, música Xoan Montes
Valdeorras …. Letra Florencio Delgado Gurriarán , Música Diego Vilela
Se chove ……………………………………… Treixadura
MARTÍN PORTO OLIVEIRA (gaita solista)
Ardora ………………………………………… Xosé Manuel Budiño
ALDARA VÁZQUEZ DELGADO (saxofón) LUCIA ALVAREZ SANTALLA (piano)
El Jardín del Museo …………………………. Jacob de Hann
GRUPO FOLK
Bágoas na Brétema ………………………………….. Emilio Mesías Arr. M. Prada
O fillo da Teresa ……………………………………….. Ernesto Campos
Busindre Reel ……………………………………………. Hevia Arr. M. Prada
CORO E GRUPO FOLK
Hino Galego…………….Pascual Veiga.
Fotos: A.R.