CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Concerto de Miriam Rodríguez na XIX Feira do Viño de Monterrei, en Verín

 

Continúa a XIX Feira do Viño de Monterrei, cuxo recinto está situado na Alameda de Verín e que neste 9 de agosto chegará á súa derradeira xornada. Ademais de desfrutar das diferentes referencias das 19 adegas participantes nesta edición, a mostra conta con multitude de actividades complementarias e tamén cunha serie de propostas musicais.

 

 

Así, tras o concerto da noite do venres, o sábado 8 de agosto era a quenda, a partir das 24h. de Miriam Rodríguez, terceira finalista de Operación Triunfo 2017 e unha das artistas máis destacadas do pop español actual, que chegaba a Verín cun espectáculo no que repasaba os grandes éxitos da súa carreira xunto con temas do seu último traballo e do seu máis recente sinxelo, «duele (menos)», publicado este ano.

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button