CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Concerto no Barco da Unidade de Música do Cuartel Xeneral do Mando de Apoio á Manobra do Exército de Terra

Esta actuación, dirixida polo comandante Iván Rodríguez, incluía un repertorio de oito pezas e enmarcábase na celebración do Día da Festa Nacional

 

O público enchía na tardiña deste 17 de outubro o Teatro Lauro Olmo do Barco para asistir a un concerto de música militar, da man da Unidade de Música do Cuartel Xeneral do Mando de Apoio á Manobra do Exército de Terra, con sede na Coruña.

“Este concerto enmárcase no ámbito de celebración da festividade do Día de a Festa Nacional, festividade que a lei 18/1987 establece no 12 de outubro e lembra unha efeméride histórica na que España, hai más de cinco séculos, a piques de concluír un proceso de construción do Estado, a partir da nosa pluralidade cultural e política, iniciou un período de proyección lingüística e cultural máis alá dos límites europeos”, explica a presentadora do acto, Raquel Cruz, que daba a benvida aos asistentes en nome do alcalde do Barco, Aurentino Alonso, e do xeneral Marcial González Prada, xefe do Mando de Apoio á Manobra do Exército de Terra.

 

 

“O Día de a Festa Nacional é o día en que todos os españois lembramos a rica e ampla historia do noso país, valórase o conseguido xuntos e reafírmase o compromiso no que queda por compartir. O 12 de outubro é unha festa de unión, de irmandamento, na que mostramos, ademais, o noso vínculo coa comunidade internacional”, proseguía a condutora do acto.

 

 

Deseguido daba paso ao concerto, destacando que ía ser ofrecido pola Unidade de Música do Cuartel Xeneral do Mando de Apoio á Manobra, dirixido polo comandante músico Iván Rodríguez Armán. Esta unidade que ten a súa orixe no ano 1875, cando se crea o Rexemento da Infantería “Zamora” número 29.

 

 

A partir de aí cobraba protagonismo a música, nun interesante e variado reperterio de oito pezas, escollidas para a ocasión. Así comezaban interpretando “Camino Real” (de Alfred Reed), seguían con “Serenata Filipina” (Andrés Martos), “El cóndor pasa” (Daniel Alomia), “Conga del fuego nuevo” (Arturo Márquez), “Por una cabeza” (Carlos Gardel), “Alma llanera” (Pedro Elías), “Colombia tierra querida” (Lucho Bermúdez) e “Pérez Prado” (arr. Giancarlo Gazzani).

O acto contaba coa asistencia de autoridades como o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santo; o xeneral Marcial González Prada, xefe do Mando de Apoio á Manobra do Exército de Terra; e a deputada provincial e alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González; ademais do alcalde do Barco e da súa primeira tenente de alcalde, Aurentino Alonso e Margarida Pizcueta.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

 

 

Back to top button