OurenseÚltima hora

Concertos de Nadal do Conservatorio de Música de Ourense e peche do seu 65 aniversario

 

Os próximos días 21 e 22 de decembro o Conservatorio de Música de Ourense celebrará no centro os seus xa tradicionais concertos de Nadal. Nesta ocasión o día 21 de decembro serán os Coros e as Orquestras de Corda e o día 22 as Bandas pecharán o ano “no que celebramos os 65 anos de historia do centro”, indican dende o conservatorio ourensán, destacando ademais o “valor e esforzo que os nosos rapaces están a facer compatibilizando as ensinanzas da música coas ensinanzas obrigatorias nos seus centros educativos”.

 

 

Back to top button