DeportesÚltima hora

Conclúe con éxito o III Campamento Infantil de Espeleoloxía Águilas Verdes en Covas (Rubiá)

Unha vintena de nenos desfrutaba desta actividade que promovía o GEM Águilas Verdes nesta fin de semana

 

Vai moito máis alá do deportiva. Nesta fin de semana a vintena de nenos participantes no III Campamento Infantil de Espeleoloxía Águilas Verdes convivían no refuxio de Covas (Rubiá) e compartían multitude de actividades deportivas, formativas, de naturaza e lúdicas.

Trátase dunha exitosa iniciativa para nenos de entre 7 e 14 anos que poñía en marcha no 2021 o GEM (Grupo de Espeleoloxía e Montañismo) Águilas Verdes de Rubiá na que se combina a actividade deportiva infantil coa divulgación entre os máis pequenos dos valores da natureza e da montaña a través do descubrimento da súa contorna, ao mesmo tempo que fomenta a convivencia, a sociabilidade e o respecto.

 

O campamento iniciábase o 13 de xullo coa recepción dos participantes, que despois se dirixían ao albergue da Federación Galega de Espeleoloxía en Covas para instalarse. Despois iniciábase o programa cunha actividade na Pala de Zorra. Tras o xantar, pola tarde facían unha actividade en kaiak no pantando de Penarrubia. Despois da cea facíase algún xogo nocturno.

Na mañá do domingo 14 de xullo recibían a visita de dous membros do GREIM (Grupo Especial de Rescate e Intervención en Montaña) con base en Trives que facían unha exhibición, na que participaban os nenos do campamento.

Finalmente, o programa completábase, como nas anteriores edicións, cun xantar no refuxio cos pais, ao que se sumaban os pais e mais dos nenos. O campamento remataba coa entrega de diplomas e despedida en torno ás catro da tarde.

Fotos: GEM Águilas Verdes.

Back to top button