ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Conclúen os traballos de arranxo e reconstrución do Pilón da praza Maior de Viana do Bolo

 

O Concello de Viana do Bolo vén de infomar do remate cos traballos de arranxo e reconstrución no Pilón da Praza Maior de vila, “un dos monumentos máis emblemáticos, representativos e queridos pola veciñanza” do municipio. Tamén destaca que a intervención realizada “fai que apenas se aprecie a diferenza entre a pedra danada e a orixinal”.

O Pilón que se sitúa no centro da praza Maior vianesa era construído en 1856 na honra dos demócratas liberais que, en outubro de 1830, se rebelaron para loitar contra o absolutismo do rei Fernando VII “e que foron reducidos e executados na que hoxe é a nosa Praza Maior”, lembra o Concello de Viana, por iso considera que este elemento constitúe “un emblema da nosa cultura e historia que entre todos e todas debemos coidar e repectar”.

Fotos cedidas.

 

Back to top button