A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Concorrida celebración no Día de Todos os Santos nas parroquias de Fontei e Santo Estevo, na Rúa

 

Nosa Señora de Fátima en Fontei e Santo Estevo. Son as dúas parroquias da Rúa que na tarde deste sábado 1 de novembro celebraban o Día de Todos os Santos nos respectivos cemiterios.

 

 

Presididos polo párroco Daniel Perez Quintela, o cemiterio de Fontei era primeiro en acoller os cultos aos que asistía numerosa xente, arredor das catro da tarde.

 

 

Unha hora máis tarde era a quenda do cemiterio da Rúa Vella, o máis antigo da vila, que tamén acollía a numerosos veciños e visitantes que asistían á celebración que comezaban cun cántico, seguido dos responsos.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button