EconomíaEconomíaÚltima hora

Concorrida mostra de produtos locais e artesanía, na Festa dos Maios do Barco

 

Multitude de persoas achegábanse esta mañá á praza do Príncipe do Barco e percorría a mostra de artesanía e produtos locais incluída no programa da Festa dos Maios nesta vila. Dende postos de produtos gastronómicos (doces, bicas, doces, queixos e mesmo licores), artesanía en madeira, cerámica, ilustración, xoguetes… e mesmo libros.

As opcións eran moitas e moi diversas. A mostra tamén incluía demostracións de talla de madeira e tamén de palilleiras. Esta mostra, que tamén permitía a posibilidade de xantar porque había un pulpeiro, permanecerá aberta ata a tarde.

Fotos: A.R.

Back to top button