Con numerosos visitantes poñíase en marcha este mediodía a XXVI Feira do Viño de Valdeorras, na praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). Arredor das 13h. cobraba vida a mostra, na que poden visitarse as casetas dunhas 18 adegas amparadas polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras: A Bágoa, A Coroa, Alan de Val, Arnadoval, Melillas-Lagar do Cigur, O Casal, O Cepado, Quinta da Peza, Barón do Sil, Cooperativa Xesús Nazareno-Vinos Barco, Godeval, Roandi, Sampayolo, Santa Marta, Cova da Xabreira, D’Berna, Viña Costeira, Virgen del Galir.

Ademais, o ambiente estaba animado pola charanga Bicoia. Eran moitas as persoas que se achegaban tamén pola tarde a desfrutar dos brancos e tintos de Valdeorras, tanto deste anada como doutras anteriores.
O prato forte deste sábado virá co concerto do grupo Dani Barreiro & Friends, o sábado ás 23h.
Fotos: A.R.
