O mal tempo trasladaba a celebración do Domingo de Entroido en Castro Caldelas ao pavillón da localidade. A partir das 16:30h. comezaban os xogos, os inchables e pintacaras para a cativada e logo dábase paso ao concurso de disfraces (nas diferentes categorías), á entrega de premios e unha tarde de festa, diversión, música e baile.
Fotos cedidas.
