OurenseÚltima hora

Conferencia sobre a historia do Barrio da Ponte en Ourense, o 18 de maio

 

Neste mércores 15 de maio tiña lugar no Liceo de Ourense a presentación da nova actividade cultural de Asociación de Veciños da Ponte en Ourense, comezando pola que terá lugar esta semana que lle se lle adica ás Letras Galegas. Dita actividade realizarasé o sábado día 18 de maio, ás 19:30 (7:30h. do serán), nos locais municipais que utiliza a entidade (edificio da Praza de Abastos, 2 entrada por Praza Maestro Luis Fdez. 1º andar). “Trátase dun acto cultural, que realizase conxuntamente entre a Asociación de Veciños e a Asociación Cultural, Rondalla Alecrín, nel misturase o coñecemento e a música”, din os promotores.

Será un acto aberto a toda a cidadanía, da Ponte e de Ourense e nel contarase con Juan Andrés Hervella, “persoeiro de recoñecido prestixio na nosa cidade, que foi durante 40 anos responsable da oficina de Turismo do Concello de Ourense, e colaborador cos medios de comunicación local, da nosa cidade, que nos falará da historia do Barrio da Ponte”.

Esta actividade terá continuidade nos seguintes meses do ano, cunha periodicidade (1 conferencia mensual). Sempre se rematás coa música e cancións da Rondalla Alecrín.

 

Artigos relacionados

Back to top button