
Os esforzos do dispositivo de extinción e da veciñanza lograban impedir que as chamas do incendio, orixinado en Parafita (Chandrexa) e que pasaba a Manzaneda, entrasen aos núcleos de Paradela e San Martiño, que se vían seriamente ameazados esta tarde.
Polo de agora a situación nestas dúas localidades está controlada e sen risco, sempre e cando non cambien as condicións, e a poboación, que saíu das aldeas ante o perigo inminente, pode regresar as súas casas.
Fotos: Carlos G. Hervella.