EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Conta atrás para a I Ruta de Viños de Rubiá

O percorrido comzará ás 20:30 horas do sábado 15 de agosto dende o Pico da Rúa Caballal

Chegou o día. Mañá, sábado 15 de agosto celebrarase a I Ruta de Viños de Rubiá. Organizado por veciños da localidade valdeorresa e o bar das piscinas, desenvolverase ao logo das rúas Carballal e Calabazal, onde instalarán postos con viño e comida. Ademais de petiscos variados tamén haberá paella e música ambiente, rematando cunha gran festa nas piscinas xa ao ritmo de dj’s.

 

 

O programa arrincará ás 20:30 horas co pregón e bendición a cargo do cura de Rubiá Don Gregorio e a continuación comezará a ruta propiamente dita no Pico de Rúa Carballal coa participación de 11 adegas e charanga con gaiteiros.

O broche, a partir da medianoite correrá por conta de Dj Karayan na explanada das piscinas con acceso libre.

 

Back to top button